Faro de Vigo: Petición de información sobre a actuación policial en Coia

27 de January del 2015

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/01/27/peticion-informacion-actuacion-policial-coia/1172714.html

Petición de información sobre a actuación policial en Coia O observatorio para a defensa dos dereitos e as liberdades "Esculca" presentou no rexistro municipal un escrito reclamando información sobre a actuación da Policía Local na redonda onde o goberno local pretende instalar o "Bernardo Alfageme". O avogado Óscar Lomba salienta que a intención é obter información acerca de presuntas irregularidades e "provocacións". Por outra banda, os opositores ao pesqueiro concentraranse hoxe ás 10.30 nos xulgados, onde a Asemblea Aberta de Coia ratificará a súa denuncia contra o Concello e Civís Global S.L. pola situación do barco.