Dúas candidaturas concorren ás primarias municipais de Podemos
24 de January del 2019
Dous candidatos, o actual secretario local de Podemos, Xaquín Pastoriza, afín a Gómez Reyno, e Óscar Lomba, próximo a Carolina Bescansa, concorren como aspirantes nas primarias municipais da formación morada.
Cando ambos os dous candidatos teñan os avais someteranse a votación telemática ou presencial entre os días 1 ao 5 de febreiro. Pastoriza é licenciado en Historia e representante destacado do grupo Anticapitalistas. Lomba, licenciado en Dereito, é membro da comisión de garantías democráticas de Podemos Galicia. Xa que logo, cando menos en teoría, Pastoriza tería o apoio da dirección galega.
O ganador das primarias en Vigo converteríase no aspirante de Podemos nas eleccións municipais de maio, aínda que o máis probable é que o partido que lidera Pablo Iglesias se presente en coalición con Marea de Vigo, que xa ten candidato, Rubén Pérez, actual portavoz municipal
Óscar Lomba - oscarlomba@gmail.com