ACTO REPUBLICANO. Recuperando a memoria.

14 de August del 2018

ACTO REPUBLICANO. RECUPERANDO A MEMORIA.

Ofrenda floral ao pé da Oliveira.

14 de agosto de 2018 ás 20 horas no Paseo de Alfonso XII en Vigo.

MOTIVACIÓN DO ACTO 

A Oliveira de Vigo renaceu coa II República e alcanzará a súa plenitude durante a III República A cidade de Vigo foi coñecida algún tempo co sobrenome de “Cidade da oliva”, e actualmente “Cidade olívica” debido a que no atrio da igrexa da Colexiata de Santa María existía dende moi antigo unha gran oliveira. Esta oliveira foi plantada polos Cabaleiros monxes Templarios, cando estes rexían a freguesia.

A vella árbore, símbolo da Paz, tantas veces esgazada para conmemorar -coas súas pólas- a entrada do Salvador en Xerusalén, desapareceu ao construírse a actual igrexa. Ao ser derrubada a oliveira, D. Manuel Anxo Pereyra -administrador da Alfándega e fillo político do non menos famoso, Alcalde D. Cayetano Parada e Pérez de Limia- recolleu unha das súas pólas e plantouna no horto da súa casa, diante da Porta do Sol. Alí arraigou e medrou até que o desenvolvemento da cidade fíxoa desaparecer, non sen antes ser plantada de novo no Paseo de Alfonso XII -onde pode verse na actualidade-, polos seus devanceiros, para que non se perdese a vigorosa estirpe daquela simbólica árbore da tradición viguesa.

Sendo alcalde de Vigo, o republicano, Amando Garra, a oliveira foi protexida cun enreixado e unha cancela de ferro; onde foi colocada unha placa de bronce acreditando a promesa que perante ela, fixeron os vigueses e viguesas de. -amor, lealdade e abnegación pola cidade-, o 14 de agosto de 1932.

A oliveira forma parte do emblema heráldico da cidade e alcanzará a súa plenitude durante a III República. Participa e comparte!