Vigo: 370 luces por parado.

13 de December del 2018

A taxa de paro no municipio de Vigo aumentou no segundo trimestre de 2018 nun 0,4 % con respecto ao primeiro trimestre deste ano, segundo os datos da EPA (Enquisa de Poboación Activa) publicada recentemente. O número total de parados na cidade olívica sitúase en 24.300 persoas, 1.400 máis que nos tres primeiros meses do ano.

Doutra banda en Vigo hai máis de 300 rúas, algunhas delas prodixiosamente empedradas, ateigadas de carteis que afirman que “Vivimos nunha cidade fermosa”. Cada noite acéndense 9 millóns de luces led repartidas polas devanditas 300 rúas da cidade olívica. Hainas para todos os gustos e de todas as cores, o que fai que cada parado vigués conte co resplandor de 370 luces led por cabeza cada noitiña do Nadal deste ano.

Espero que eses mesmos parados teñan a sorte de atopar un emprego o vindeiro ano 2019, aínda que sexa nunha empresa que fabrique luces led...