A nova faciana da globalización: mundialización económica, desigualdade, desemprego, pobreza e políticas de inclusión social

23 de December del 2016

XORNADAS ORGANIZADAS POR:

Asociación cidadá galega No Ollo do Furacán e Asociación cidadá galega Fernando Hoyos. As dúas asociacións únense para realizar as Primeiras Xornadas galegas sobre mundialización económica e pobreza.

O programa das xornadas é o seguinte:

Martes 27 de decembro de 2016

17:15 horas. Presentación e apertura oficial das Xornadas: Interveñen:

•Elena Branco (Representante de `O ALMACEN CULTURAL´)

•Xurxo Rodríguez Pérez (Presidente da A.C.G. ´No Ollo do Furacán´)

•Benito Santos González (Presidente da A.C.G. ´Fernando Hoyos´)

•Óscar Lomba Álvarez (Secretario das Asociacións ´No Ollo do Furacán´ e ´Fernando Hoyos´ e Coordinador das Xornadas).

18:00 horas. Proxección do Filme: ´Recursos Humanos´. (Título orxinal: ´Ressources humaines´) é unha película franco-británica filmada no ano 1999 dirixida por Laurent Cantet. FICHA TÉCNICA DO FILME: Dirección: Laurent Cantet Guión: Laurent Cantet e Gilles Marchand Duración: 100 min. Nacionalidade: Francia / Gran Bretaña Ano de Producción: 1999 Reparto: Jalil Lespert (Franck), Jean-Claude Vallod (o pai), Chantal Barré (a nai), Véronique de Pandelaère (Sylvie), Michel Begnez (Olivier), Lucien Longueville (o xefe), Danielle Mélador (Danielle Arnoux), Pascal Sémard (O xefe de RRHH), Didier Emile-Woldemard (Alain) 19:45 horas. Coloquio aberto ao público.

Mércores 28 de decembro de 2016 19:00 Horas.

MESA 1.

A NOVA FACIANA DA GLOBALIZACIÓN: MUNDIALIZACIÓN, DESIGUALDADE E POBREZA

Relatores:

•Xavier Simón Fernández (Doutor en Economía. Profesor Titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo).

•Jaime Cabeza Pereiro. (Doutor en Dereito. Catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo).

•Manuel A. Fortes Torres. (Doutor en Filosofía. Catedrático de Filosofía de Instituto).

•Xurxo Rodríguez Pérez (Analista Político. Foi Director e locutor dos programas radiofónicos ´Ultreia´ na Canle Radio Difusión Fuerteventura e ´Trisquel´ na Canle 9 Radio Las Palmas – Fuerteventura).

•Presenta e modera: Blanca Gesfaell Chamochín (Xornalista). Xoves 29 de decembro de 2016 19:00 Horas.

MESA 2.

MUNDIALIZACIÓN, DESEMPREGO, DESIGUALDADE, POBREZA E POLITICAS DE INCLUSIÓN EN GALICIA: A RESPOSTA DESDE O ACTIVISMO SOCIAL.

Relatores:

•Adolfo Telmo Pérez (Médico. Activista Social. Representante da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Vigo – STOP Desafiuzamentos).

•Antón Bouzas (Representante da Asociación Socio-Educativa ´OS NINGUÉNS´).

•Alberto Gómez Freiría (Coordinador da ONG Intermon Oxfam en Vigo).

•Benito Santos González (Cura Obreiro. Xesuíta. Enfermeiro. Docente).

•Presenta e modera: Óscar Lomba Álvarez (Licenciado en Dereito. Diplomado en Maxisterio. Traballador da Sanidade Pública. Activista Social).

22:00 horas. Clausura das Xornadas